¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares. Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Cerrar

Alumnos do CIFP Portovello deseñan as súas propostas para o cartel da campaña do Día do Pai do CCA Ourense Centro

14/03/2018
Alumnos do CIFP Portovello deseñan as súas propostas para o cartel da campaña do Día do Pai do CCA Ourense Centro

Estudiantes dos ciclos de Comercio e Marketing do CIFP Portovello partiparon nun concurso de carteis, entre os que se elixiu o mellor para ser a imaxe da campaña do Día do Pai do Centro Comercial Aberto de Ourense.

Tras a proveitosa experiencia de realizar varios proxectos de escaparatismo para comercios da cidade de Ourense, o CIFP Portovello e o CCA repiten colaboración. Nesta ocasión, alumnas e alumnos dos ciclos de comercio e marketing compitían nun concurso de carteis entre os cales se elixiu o mellor para promocionar o Día do Pai.

O cartel gañador da campaña do día do Pai.

A pesar da dificultade de elexir entre cuarenta propostas, finalmente o cartel elexido foi o elaborado por Alejandra Pérez González, alumna do 2º curso do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais. Alejandra, terá como premio, figurar como a autora en toda a cartelería da campaña do Día do Pai do CCA.

A colaboración entre o CIFP Portovello e o Centro Comercial Aberto ten por obxectivo achegar a realidade do sector do comercio ourensán ás aulas, á vez que os mozos e mozas desenvolven a súa faceta máis creativa nun entorno profesional.

Os carteis participantes pódense ver na seguinte ligazón:

https://www.facebook.com/cifpportovello/

Comentarios Noticia

Nadie ha publicado todavía ningún comentario. Sé el primero en publicarlo.

Deja tu comentario