¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares. Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Cerrar

Sorteos Día do Pai 2018

Día del padre Ourense 2018

Rexistra a túa compra

Completa o seguinte formulario para:

  • Participar no sorteo de 20 sudaderas diseñadas por ti para regalarlle ao teu pai.
Rexistrando a túa compra aceptas a nosa Política de privacidade e as Bases do sorteo.
Campos marcados con * son obrigatorios.

Bases do Sorteo

  1. Ao realizar unha compra nun dos establecementos asociados ao CCA Ourense Centro poderás conseguir unha sudadera para o teu pai, deseñada por ti.
  2. Para participar nesta campaña terás de prazo ata o 19 de marzo para rexistrar a túa compra, en www.ourensecentro.com/diadopai/ e para enviarnos un debuxo realizado por ti e dedicado ao teu pai. Recorda que ese debuxo será o deseño proposto por ti para a sudadera.
  3. Un programa informático elixirá aleatoriamente 20 debuxos, de entre todos os recibidos, e estes serán os deseños utilizados para as sudaderas que se regalan.
  4. O rexistro da compra e o envío do correspondente debuxo só xenera dereito a participar nesta campaña e soamente 20 destes rexistros serán os afortunados que reciban o regalo da sudadera personalizada.
  5. Ao autor de cada un dos debuxos seleccionados entregaráselle unha sudadera co seu deseño para que poda sorprender ao seu pai con un regalo tan orixinal
  6. Para participar nesta campaña poderanse rexistrar compras efectuadas dende o día 1 de marzo e ata o día 19 de marzo 2018.
  7. Os debuxos poderanse subir á web no momento de rexistrar a compra ou envialos por: - Correo electrónico a: info@ourensecca.com, ou - Correo postal a: CCA Ourense Centro,  Parque San Lázaro, 12 5ª Planta, 32003 Ourense.   En ambos casos haberá que indicar o nome do autor do debuxo, teléfono, correo electrónico, establecemento no que realizou a compra, data da compra e talle da sudadera para o seu pai.
  8. O resultado da campaña poderase publicar nos medios de comunicación e nas redes sociais da Asociación e os gañadores autorizan a publicación do seu nome e/ou debuxo nos citados medios.
  9. Os participantes son os responsables únicos dos debuxos enviados, e comprométense a enviar só aqueles debuxos feitos por eles mesmos ou sen dereitos de autor. O CCA Ourense Centro non se responsabiliza dos dereitos de autor dos debuxos se os houbera.  
  10. A mera participación no sorteo supón a aceptación plena de tódalas bases. O incumprimento dalgunha destas bases supón a privación de tódolos dereitos que poideran derivarse da participación na campaña. A organización resérvase o dereito de poder modificar total ou parcialmente estas bases, así coma suspender o sorteo, sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.
  11. A efectos previstos na lei orgánica 15/1999 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal, informamos que os datos solicitados serán incorporados ao ficheiro de clientes da Asociación de Comerciantes Empresarios e Profesionais do Centro Comercial Aberto de Ourense. O titular poderá acceder a esta información para rectificala, cancelala ou oporse a ela.