¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares. Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Cerrar

FUNTASTIK 2026

Finalizada el 10/10/2026
FUNTASTIK 2026
CAMPAÑA FINALIZADA

Ourense Centro invítate a FUNTASTIK

O CCA Ourense Centro, coa colaboración da Xunta de Galicia e Comercio Galego, pon en marcha unha nova promoción para os seus clientes: regalamos entradas para desfrutar de FUNTASTIK!

FUNTASTIK é un gran espazo lúdico pensado para todas as idades, onde a diversión está asegurada a través de múltiples actividades e zonas especialmente deseñadas para desfrutar, xogar e aprender.

Entre as súas propostas poderás atopar:

🧩 Zona educativa
👶 Zona Minis
🏗️ Super Construtores
🤸 Inflables xigantes
🌀 Laberintos
🎈 E moitas máis actividades para vivir unha experiencia chea de diversión!

 

🎟️ Como conseguir a túa entrada?

É moi sinxelo:

1. MERCA nun dos establecementos asociados ao CCA Ourense Centro.

2. REXISTRA a túa compra en www.ourensecentro.com/sorteo-entradas-2026-ourense/ ou directamente escaneando o código QR da campaña.

3. CONSEGUE A TÚA ENTRADA!

As 150 primeiras compras rexistradas conseguirán directamente unha entrada para unha persoa para FUNTASTIK.

Así de fácil: merca no comercio local, rexistra a túa compra e desfruta de FUNTASTIK!

🎟️ As entradas son limitadas e entregaranse ás 150 primeiras compras correctamente rexistradas.

🛍️ MERCA EN OURENSE CENTRO E CONSEGUE A TÚA ENTRADA PARA FUNTASTIK!

Unha iniciativa do CCA Ourense Centro para premiar a confianza dos seus clientes e seguir apoiando o comercio local.

Campaña realizada coa colaboración da Xunta de Galicia e Comercio Galego.