¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares. Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Cerrar

Roberto Pérez, cliente de Fragance & Colors, gañador de O gran cofre dos regalos

04/01/2016
Roberto Pérez, cliente de Fragance & Colors, gañador de O gran cofre dos regalos
  • O agraciado recibirá máis de 100 agasallos doados por outros tantos establecementos pertencentes ó CCA Ourense Centro.
  • Máis de 10.000 boletos participaron no sorteo, un 30% máis que na pasada edición.

4 de xaneiro de 2016.- A próxima Noite de Reis terá un sabor moi dulce para Roberto Pérez, cliente de Fragances&Colors, así como familiares e amigos, dado que resultou gañador de "O gran cofre dos regalos", mediante o sorteo realizado en acto público, o día 4 de xaneiro. O evento contou coa presenza do presidente do CCA Ourense Centro, Luis Rivera; a concelleira de Comercio, Ana María Fernández Morenza, encargada entre os asistentes de coller o boleto que finalmente resultou premiado; así como dos paxes das súas maxestades os Reis de Oriente, entre os que se atopaba o actor e presentador, Serxio Pazos; o actor Roberto de La Torre e Richard Edo.

O cofre dos regalos consta de máis de 100 regalos doados polos establecementos integrantes no CCA Ourense.

O afortunado gañador será agasallado con máis de 100 variados regalos que conforman o cofre, exposto na céntrica rúa do Paseo, dende o pasado día 4 de decembro, ata mañá día 5 de xaneiro de 2016, cando se fará entrega do substancioso premio ás 11, 00 horas no número 13 da rúa do Paseo.

"O gran cofre dos regalos" está conformado por unha grande variedade de artigos, doados por establecementos integrantes no CCA Ourense Centro, pensados para compartir con familiares e amigos. Entre eles atópanse roupa, calzado, xoias, complementos, estancias turísticas, ceas románticas, un ebook, unha estación meteorolóxica , unha bicicleta estática, xogos, así como roupa e artigos de neno e bebé ou diversos productos gastronómicos, entre moitas outras sorpresas.

A campaña "O Gran cofre dos Regalos" tivo unha gran acollida e participación entre os cidadáns.

O presidente do CCA Ourense Centro, Luis Rivera, congratulouse da "altísima participación dos ourensáns en "O gran cofre dos regalos", que con algo máis de 10.000 boletos superou nun 30 por cento os datos da pasada edición, o cal tamén ten o seu reflexo directa nas ventas que durante esta campaña de Nadal se realizaron no comercio local, dado que os boletos se conseguían grazas ás compras nas tendas. "A lectura, é por tanto, moi positiva, dado que á luz dos datos os ourensáns apostaron máis polo comercio de Ourense Centro" para realizar as súas compras e agasallos de Nadal.

"O gran cofre dos regalos" é unha iniciativa do Centro Comercial Aberto Ourense Centro, ideada para premiar a fidelidade dos clientes co comercio de proximidade do centro da cidade.

Comentarios Noticia

Nadie ha publicado todavía ningún comentario. Sé el primero en publicarlo.

Deja tu comentario

Para enviar un comentario debes aceptar nuestra política de privacidad.

  • Responsable de los datos: Centro Comercial Aberto Ourense Centro
  • Gestión y moderación de comentarios.
  • Legitimación: Tu consentimiento expreso.
  • Destinatario: Centro Comercial Aberto Ourense Centro
  • Derechos: Tienes derecho al acceso, rectificación, supresión, limitación, portabilidad y olvido de sus datos.
Política de Privacidad