¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares. Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Cerrar

Voces Amigas congregou a un animado público na Praza Maior durante o concerto de Nadal do CCA

30/12/2015
Voces Amigas congregou a un animado público na Praza Maior durante o concerto de Nadal do CCA

Voces Amigas congregou a un animado público na Praza Maior durante o concerto de Nadal do CCA

30 de decembro de 2015.- Un total de 20 mozos, con idades comprendidas entre os 6 e os 20 anos, integrantes do coro Voces Amigas, animaron a tarde do 29 de decembro na Praza Maior de Ourense con coñecidas panxoliñas interpretadas en inglés, castelán, galego e latín durante o concerto de Nadal organizado polo Centro Comercial Aberto Ourense Centro.

O Feliz Navidad, o Jingle bell rock, e mesmo o Adeste fideles soaron na Praza interpretados por esta agrupación que dirixe José Ramón Blanco e no que un entregado público, entre o que se atopaba o rexedor de Ourense, Jesús Vázquez, e o presidente do CCA Ourense Centro, Luis Rivera, non dubidou en acompañar as voces xuveniles do coro cantando tamén e batendo as palmas. Á intervención dos máis novos, sumáronse despois o Coro da Asociación de Veciños de San Cibrao.

A Agrupación Voces Amigas está constituida polo Coro da Parroquia de San Pío X e o Grupo As Viñas, ámbalas dúas formacións do veciño concello ourensán de San Cibrao das Viñas. O Grupo As Viñas foi o encargado da parte instrumental do concerto e o Coro da Parroquia de San Pío X aportou a parte vocal durante este animadísimo encontro.

Esta agrupación conta cunha traxectoria de dez anos de vida e aproveita ocasións como festivais e festas para xuntárense para tocar e cantar de forma conxunta e alegrar e inundar as rúas de ambiente festivo, obxectivo compartido polo CCA Ourense Centro, que se conseguiu nesta ocasión.