¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares. Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Cerrar

Axuda a autónomos pola contratación indefinida de persoas asalariadas (TR349F)

26/06/2013

                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

ORGANISMO
Consellería de Traballo e   Benestar
1.               TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA
AXUDA A AUTÓNOMOS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADAS (TR349F)
2.               FINALIDADE / OBXECTIVO
Incentivar   á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizada   polas persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con   domicilio social e fiscal en Galicia.

       

        As contratacións polas que se solicita subvención deberán   formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma   regulamentariamente establecida, e ter data de inicio comprendida entre o   1 de outubro de 2012 e o 30 de setembro de 2013 ambas inclusive.

       
3.               TIPOS DE APOIO
-
4.               BENEFICIARIOS POTENCIAIS
1.   Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas   traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira   contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro   ano de actividade.

       

        2. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as   persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola segunda e   terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres   primeiros anos de actividade.

       
5.               SECTORES INCENTIVABLES
-
6.               REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
Os   incentivos previstos neste programa serán de aplicación ás contratacións   indefinidas iniciais a tempo completo ou a tempo parcial realizadas por   persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais con persoas   traballadoras desempregadas para prestar servizos en centros de traballo   situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

       

        Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións  indefinidas iniciais que se formalicen desde o 1 de outubro de 2012 ata o  30 de setembro de 2013.

       

        A contratación indefinida inicial poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo descontinuo.

       
7.               CUALIFICACIÓN REQUERIDA DO PROXECTO
-
8.               INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES
-
9.               CONTÍA DAS AXUDAS
As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de:

       

        Primeira persoa traballadora indefinida:

       

        a) 4.000 € cando se trate dun home desempregado.

       

        b) 5.000 € cando se trate dun mozo desempregado de 30 ou menos anos   ou dun home desempregado de 45 ou máis anos de idade que sexa parado de   longa duración.

       

        c) 5.000 € cando se trate dunha muller desempregada.

       

        d) 6.000 € cando se trate dunha moza desempregada de 30 ou menos   anos ou dunha muller desempregada de 45 ou mais anos de idade que sexa   parada de longa duración.

       

        Segunda e terceira persoa traballadora indefinida:

       

        a) 5.000 € cando se trate dun home desempregado.

       

        b) 6.000 € cando se trate dun mozo desempregado de 30 ou menos anos   ou dun home desempregado de 45 ou máis anos de idade que sexa parado de   longa duración.

       

        c) 6.000 € cando se trate dunha muller desempregada.

       

        d) 7.000 € cando se trata dunha moza desempregada de 30 ou menos   anos ou dunha muller desempregada de 45 ou máis anos de idade que sexa   parada de longa duración.

       

        Cando se trate de contratacións indefinidas cunha xornada a tempo   parcial as contías dos incentivos serán proporcionais ao tempo efectivo   de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no   convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada   ordinaria máxima legal.

       
10.               PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As   axudas previstas neste programa poderán solicitarse ata o último día do   mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral de carácter   indefinido.

       

        O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30   de setembro de 2013, aínda que nesa data non transcorrese o prazo   sinalado no parágrafo anterior.

       

        As solicitudes de axudas polas contratacións realizadas entre o 1 de   outubro de 2013 e a data da publicación desta orde (12/06/2013),   poderán presentarse no prazo dun mes desde a data de publicación da orde   reguladora (12/07/2013).

       
11.               INCOMPATIBILIDADES
As   axudas previstas nesta orde para as contratacións por conta allea serán   incompatibles con outras que, polos mesmos conceptos, poidan outorgar as   administracións públicas como medida de fomento de emprego. Non   obstante, serán compatibles, se é o caso,

        cos incentivos en forma de bonificacións á Seguridade Social.

       

        Os beneficios establecidos á contratación nesta orde non poderán, en   concorrencia con outras axudas públicas para a mesma finalidade,   superar o 60 % do custo salarial de dúas anualidades correspondentes ao   contrato que se subvenciona.

       

        Os incentivos establecidos nesta orde serán compatibles con calquera   outra axuda para distinta finalidade da Unión Europea, doutras   administracións públicas ou entes públicos ou privados pero, sen que, en   ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras,

        poidan superar os límites establecidos pola Unión Europea.

       
12.               REFERENCIA LEXISLATIVA
ORDE do 6 de xuño de 2013 (DOG Nº111 do 12/06/2013) - Bases reguladoras e convocatoria 2013
13.               INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN EN
Dirección Xeral de Traballo e Economía Social.

       

        As solicitudes poderanse presentar, preferiblemente, por vía   electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede   electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co   establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos   cidadáns aos servizos públicos e 24 do Decreto 198/2010, polo que se   regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de   Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das   solicitudes por vía electrónica será necesario o documento nacional de   identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos   recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia. Tamén se poderán   presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios   establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

       

        En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co   selo de correos na primeira folla do formulario para garantir que a data   de remisión está incluída no prazo de presentación de solicitudes da   orde de convocatoria.

       
14.               OBSERVACIÓNS
-


Importante


O prazo de presentación para a solicitude de axuda pola contratación realizadas entre el 01/10/2012 y el 12/06/2013 finaliza el 12/07/2013, si quere esta subveción a través do CCA deberás comunicalo antes do 02/07/2013



Recordarlle que o CCA ofrécelle a  posibilidade de tramitar gratuitamente a solicitude desta subvención a  todos os establecementos que o soliciten 10 días antes de terminar o prazo de presentación.



Para mais información poden contactar coa oficina do CCA no  teléfono 988 60 12 97 ou por correo electrónico en info@ourensecca.com

Últimas Subvenciones

Subvencións para a transformación dixital e modernización do sector comercial e artesanal

Subvenciones para la transformación digital y modernización del sector comercial y artesanal
Máis info [+]
27
MAY
2022

Programa Bono Enerxía Peme

Enviámosvos, neste correo, información sobre o Programa Bono Enerxía Peme - Concesión de subvencións para proxectos de mellora enerxética,
Máis info [+]
06
ABR
2022

Ayudas para el fomento del emprendimiento femenino en galicia - programa emega - si429a

Os informamos que actualmente están en vigor las AYUDAS PARA EL FOMENTO DEL EMPRENDIMIENTO FEMENINO EN GALICIA - PROGRAMA EMEGA - SI429A - DOG núm 133 de 14 de julio 2021
Máis info [+]
19
JUL
2021

AXUDAS: TR341Q Bono Autónomo e IG300E Cheques dixitalización COVID-19

Adjunto le remitimos información de la convocatoria de Ayudas del programa Bono de las personas Autónomas TR341Q DOG numero 131 del 12 de julio de 2021
Máis info [+]
14
JUL
2021