¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares. Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Cerrar

A morriña non ten brazos pero aperta o corazón

02/04/2020
A morriña non ten brazos pero aperta o corazón

A Asociación Galega de Xerentes de Centros Comerciais Abertos, da que forma parte o Centro Comercial Aberto Ourense Centro, acaba de por en marcha unha campaña  denominada "A morriña non ten brazos pero aperta o corazón' co obxectivo de reforzar a imaxe do comercio local e recordarnos que están ao carón e continuarán aí unha vez logremos superar esta situación.  

Esta campaña manterase activa ata o 12 de abril e con ela premiase a fidelidade dos clientes do comercio de proximidade así como tamén se reforza a imaxe e unidade deste sector. 

Participando nesta campaña poderás conseguir un dos 27 vales de compra de 50€ que se sortearán o luns 13 de abril.  

A participación é moi sinxela:

Os vales son un agasallo dos CCAS participantes na campaña e poderanse gastar soamente nos establecementos asociados.