¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares. Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Cerrar

Convenio de colaboración entre CCA Ourense Centro e Discafis-COGAMI

01/12/2013
Convenio de colaboración entre CCA Ourense Centro e Discafis-COGAMI

En vésperas do Día Internacional da Discapacidade, 3 de decembro, a Federación de Asociacións de Discapacitados Físicos de Ourense (Discafis-COGAMI) e mailo Centro Comercial Aberto Ourense Centro, asinan un convenio de colaboración en actividades encamiñadas á eliminación de barreiras e traballo pola integración das persoas con discapacidade.

Ambos organismos deciden, pois traballar conxuntamente na defensa dos intereses das persoas con mobilidade reducida, de maneira que apostan por impulsar un programa de accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas que está levando adiante Discafis-COGAMI.

Mediante este acordo, asinado polo Presidente do Centro Comercial Aberto Ourense Centro, Luís Rivera Fernández e a Presidenta de Discafis-COGAMI,Laura Quintas, ámbalas organizacións comprométense a intercambiar información para desta forma intentar mellorar a accesibilidade dos establecementos comerciais.

ETIQUETAS: #comercio #ourense