¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares. Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Cerrar

Volta ao Cole 2013

02/09/2013
Volta ao Cole 2013
CAMPAÑA FINALIZADA

Ourense Centro convídate a pasar unha fin de semana no Parque Warner Madrid.

Se compras nos establecementos asociados a Ourense Centro poderás participar no sorteo dunha fin de semana no Parque Warner Madrid.

O sorteo realizarase o día 24 de setembro.

Cubre o boleto de participación e deposítao no establecemento no que realices a compra, antes do 20 de setembro, ou na sede do CCA Ourense Centro antes de 23 de setembro.

O premio consiste nunha noite de hotel para 2 adultos e 2 nenos e entradas a o Parque Warner Madrid para dous días.

Condicións de participación:

1. Neste sorteo poderán participar todas as persoas físicas que sexa maiores de idade no momento de realizalo sorteo.
2. Para poder participar no sorteo será necesario cubrir este boleto e entregalo no establecemento no que realices a compra (Ata o día 20 setembro) ou nas oficinas de Ourense Centro en Parque de San Lázaro 12 5ª (Ata o día 23 setembro).
3. Para recoller o premio será necesario conservar o ticket do esteblecemento asociado no que se realizou a compra. Serán considerados nulos aqueles boletos nos que non figure claramente o nome do premiado, o seu teléfono e o selo do establecemento no que se realizou a compra ou o nome do mesmo.
4. O sorteo realizarase o día 24 de setembro ás 13:00 h. no Centro Comercial Aberto de Ourense.
5. No momento do sorteo serán extraídos en primeiro lugar o gañador e seguidamente dous suplentes.
6. A persoa gañadora será notificada por teléfono entre as 16:30 e as 19:00 horas do mesmo día do sorteo, debendo aceptar ou rexeitar o premio no momento.
7. En caso que sexa imposible localizar ó gañador, ou este rexeite o premio, chamarase ó primeiro suplente que terá que aceptar ou rexeitar o premio no momento. Se este suplente non fose non fose localizado ou rexeitara o premio repetiriase o proceso co segundo suplente.
8. O premio quedará deserto en caso da non aceptación ou imposibilidade de localización do gañador ou dos suplentes. Intentarase contactar con cada un deles ata o 25 de setembro.
9. O resultado da campaña publicarase nos medios de comunicación e nas redes sociais da asociación. O gañador do premio autoriza a publicación do seu nome e fotografía nos citados medios.
10. O premio consiste nunha fin de semana para 2 adultos e dous nenos de ata 12 anos no parque Warner Madrid. O premio inclúe 1 noite de hotel en reximen AD e entradas para 2 días no parque Warner.
11. Os titulares e empregados dos establecementos asociados a Ourense Centro e os seus familiares hasta o segundo grado non poderán participar no sorteo con boletos selados polo propio establecemento.
12. A mera participación no sorteo supón a aceptación plena de tódalas bases. O incumprimento dalgunha destas bases supón a privación de tódolos dereitos que podería derivarse da participación da campaña.
13. A organización resérvase o dereito de poder modificar total ou parcialmente estas bases, así coma suspender o sorteo, sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.
14. A efectos previstos na lei orgánica 15/1999 13 de decembro de protección de datos de carácter personal, informamos que os datos solicitados serán incorporados ao ficheiro de clientes da Asociación de Comerciantes Empresarios e Profesionais do Centro Comercial Aberto de Ourense. O titular poderá acceder a esta información para rectificala, cancelala ou oporse a ela.

Comentarios Noticia

Nadie ha publicado todavía ningún comentario. Sé el primero en publicarlo.

Deja tu comentario

Para enviar un comentario debes aceptar nuestra política de privacidad.

  • Responsable de los datos: Centro Comercial Aberto Ourense Centro
  • Gestión y moderación de comentarios.
  • Legitimación: Tu consentimiento expreso.
  • Destinatario: Centro Comercial Aberto Ourense Centro
  • Derechos: Tienes derecho al acceso, rectificación, supresión, limitación, portabilidad y olvido de sus datos.
Política de Privacidad