¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares. Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso.
Cerrar
ENTRADAS PARA: FUNTASTIK
Rexistra a túa compra
Rexistra a túa compra e consigue unha entrada para Funtastik.
BASES SORTEO
Rexistra a túa compra en www.ourensecentro.com
É imprescindible cubrir, no formulario de rexistro, tódolos datos obrigatorios solicitados.
So se poderán rexistrar compras ou servizos realizados en calquera dos establecementos asociados a CCA Ourense Centro
Serán válidas para o rexistro, todas as compras ou servizos realizados entre o días 1 e o 10 de outubro, ambos incluídos.
Os rexistros poderanse realizar ata o día 10 de outubro.
As 150 primeiras compras rexistras, conseguirán unha entrada para Funtastik. Entrada Válida para unha persoa un día entre o 2 e o 12 de outubro en Expourense.
Os afortunados recibirán xa unha mensaxe no momento de rexistrar a compra onde se lle indicará a data e o lugar para recoller a entrada.
Para recoller a entrada, os afortunados terán que presentar o tícket de compra que utilizaron para facer o rexistro polo que resultaron premiados.
Unha vez transcorrido o prazo sinalado sen que os afortunados recollan o premio, considerarase que estes, renuncian ao mesmo.
A mera participación nesta campaña, implica a aceptación plena de todas as bases e as condicións da mesma. O incumprimento dalgunha destas bases son a privación de tódolos dereitos que poderán derivarse da participación na campaña.
Os resultados da campaña poderán publicarse nos medios de comunicación; prensa, radio ou televisión e nas redes sociais ou webs do CCA Ourense Centro. Polo tanto, a efectos de darlle publicidade os resultados da campaña, os gañadores dos premios, autorizan a publicación do seu nome ou fotografía nos citados medios.
Os premios, non se poden canxear por diñeiro en efectivo nin por outro artigo ou regalo similar.
A Organización resérvase o dereito de poder modificar total ou parcialmente estas condicións, así como suspender esta promoción ou campaña, sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.