Comentarios
Este outono tes a oportunidade de desfrutar mais ca nunca comprando en Centro Comercial Aberto Ourense Centro.
Por cada compra realizada nos establecementos asociados poderás cubrir un boleto para participar no sorteo de 1.000 € en vales de compra
Os boletos teranse que depositar o mesmo día do sorteo no stand
Cada venres sortearanse en directo no stand as 20:15h:
Como participar
⚠️ Importante: Solo serán válidos os boletos entregados o mesmo día do sorteo, e cubertos con compras realizadas nos establecementos asociados.
Todos os boletos de participación terán un regalo directo no momento en que o cliente os entregue para participar no sorteo. O regalo será unha practica bolsa multiusos de algodón.
Animádevos a participar.
Con motivo da campaña “Este Outono arrasa con todo” realizarase o sorteo de 1.000€
Este sorteo constará de dúas fases. A primeira, constará dun sorteo que se realizará o venres día 10 e a segunda será un sorteo que se realizará o venres día 17 de outono.
Cada un dos días sortearanse 500€ divididos en 8 premios de 50€ e un premio de 100€.
Requisitos para participar no sorteo:
So se poderán cubrir boletos con compras ou servizos realizados en calquera dos establecementos asociados a CCA Ourense Centro
O sorteo de cada día farase exclusivamente con boletos entregados ese día.
No momento de entregar o boleto recibirás de regalo unha bolsa multiusos de algodón.
Serán válidas para o rexistro, todas as compras ou servizos realizados entre o días 4 e o 17 de outubro, ambos incluídos.
Os sorteos realizaranse cada venres, en directo as 20:15h no stand ubicado na Rúa do Paseo, 37
Os afortunados do sorteo gañarán un vale de compra que terá unha vixencia de 3 meses e poderá ser canxeado en calquera dos establecementos asociados ao CCA Ourense Centro. Entregarase un listado dos establecementos no momento de recoller o premio.
Os premiados serán comunicados persoalmente mediante chamada telefónica ou correo electrónico o luns seguinte do sorteo.
Os premiados Terán que aceptar o premio no momento en que se lle comunica e pasarán a recollelo fisicamente nas condicións e data que se lles indique.
Para recoller o premio, os afortunados terán que presentar o tícket de compra que utilizaron para cubrir o boleto polo que resultaron premiados.
Unha vez transcorrido o prazo sinalado sen que os afortunados recollan o premio, considerarase que estes, renuncian ao mesmo.
A mera participación nesta campaña, implica a aceptación plena de todas as bases e as condicións da mesma. O incumprimento dalgunha destas bases son a privación de tódolos dereitos que poderán derivarse da participación na campaña.
Os resultados da campaña poderán publicarse nos medios de comunicación; prensa, radio ou televisión e nas redes sociais ou Web do CCA Ourense Centro. Polo tanto, a efectos de darlle publicidade os resultados da campaña, os gañadores dos premios, autorizan a publicación do seu nome ou fotografía nos citados medios.
Os premios, non se poden canxear por diñeiro en efectivo nin por outro artigo ou regalo similar.
O CCA Ourense Centro é o responsable do tratamento dos datos, de conformidade co disposto no Reglamento (UE) 2016/679, coa finalidade única de participar neste sorteo. Posteriormente estes datos serán destruídos.
A Organización resérvase o dereito de poder modificar total ou parcialmente estas condicións, así como suspender este sorteo ou campaña, sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.
Para enviar un comentario debes aceptar nuestra política de privacidad.
- Responsable de los datos: Centro Comercial Aberto Ourense Centro
- Gestión y moderación de comentarios.
- Legitimación: Tu consentimiento expreso.
- Destinatario: Centro Comercial Aberto Ourense Centro
- Derechos: Tienes derecho al acceso, rectificación, supresión, limitación, portabilidad y olvido de sus datos.