O concurso de escaparates e ambientación do OUFF 29, ten como obxectivo, dar visibilidade ao comercio local, a hostaleira, así como, a esta nova edición do OUFF e para iso, é necesaria unha implicación por parte do sector comercial e hostaleiro e por parte do Centro Comercial Aberto Ourense Centro e dos organizadores do OUFF que terán como misión, facer que o Cine este presente no día a dia da cidade, durante os días previos e os propios días nos que terá lugar esta nova edición do OUFF.
A participación neste concurso, implicará o cumprimento das seguintes bases:
Poderán participar todos aqueles establecementos comerciaise hostaleiros do centro da cidade de Ourense que realicen un escaparate ou ambientación do local, con unha temática relativa ao cine.
A decoración deberá estar realizada do día 20 de setembro e ata o día 5 de outubro de 2024.
Só poderá presentarse, ao concurso, un único proxecto por establecemento.
O motivo e a temática da decoración dos establecementosterá que facer referencia ao Cine.
Será libre a composición técnica e o estilo que se empregue.
A decoración nos escaparates e/ou fachadas ou a ambientación dos establecementos non debe causarningún perigo para as persoas e os bens.
Todos os establecementos interesados en participar no concurso deberán facer a súa inscricióna través do correo electrónico:
Indicando os seguintes datos:
O prazo de inscrición remata o día 17 de setembro de 2024.
O concurso divídese en dúas categorías:
1ª Categoría: Concurso de Escaparates
2ª Categoría: Concurso de ambientación do establecemento.
O xurado, poderá outorgar e facer unha mención especial a algún escaparate oudecorado de ambientación se o considerara oportuno. Esta mención non implica a obtención dun premio adicional.
En cada categoría haberá tres premios.
1º premio: Fin de semana para dúas persoas nun hotel da cadenaCaldaria con Aloxamento, CircuitoSpa e Cena.
2º premio:Unha comida e Maridaxe no Pazo de Toubes para dúas personas.
3º premio; Cea de Cine:
Consiste nunha cea para dúas persoas nun restaurante concertado da cidade de Ourense.
Todos os premios son plans cerrados,sen posibilidade de ser modificados por os gañadores.
Premio de agradecemento para todos os participantes.
Todos os establecementos inscritos a este concurso, recibirán de forma gratuíta, invitacións para unhas sesións de cine familiar.
Durante o transcurso do festival de cine proxectaranse dúas sesións de cine familiar, as que só se poderá acceder con invitación. Ditas invitacións daránselles aos establecementos participantes neste concurso para que podan repartilas entre os seus clientes. Estas invitación teñen que ser canxeadas por entradas reais para as proxeccións no prazo establecido no seu momento para a realización do canxe.
Unha vez queremate ainscrición no concurso e o xurado pase a ver todos os establecementos, entregarase a todos os participantes, que cumpran coas bases do concurso, un taco de invitacións para que podan regalalas aos seus clientes.
As películas que se proxectarán nestas sesión de cine familiar son:
Todos os establecementosinscritos no concurso, que así o desexe, e no lo manifesten vía correo electrónico a info@ourensecca.com, poderán asistir a gala de inauguración ou clausura do festival.
O Xurado estará composto por:
· Un representante do Centro Comercial Aberto de Ourense
· Un representante do OUFF
O xurado pasará a visitar de xeito anónimo e sen previo aviso,todos os establecementos inscritos no concurso para facer unha valoración e determinar cales serías os premiados dentro de cada unha das dúas categorías de concurso.
A visita aos establecementos realizarase os días 23 e 24 de setembro.
O xurado valorará as decoracións tendo, en conta para a categoría na que concursan, segundo estes criterios:
1ª Categoría: Concurso de Escaparates
1. Composición e deseño (20 puntos)
2. Calidade e harmonía (20 puntos)
3. Iluminación (10 puntos)
4. Creatividade e orixinalidade (20 puntos)
5. Exposición dos produtos (15 puntos)
6. Socio do Centro Comercial Aberto de Ourense (15 puntos)
2ª Categoría: Concurso de ambientación ou decoración (máximo 80 puntos)
No caso de empate en algunha das categorías, valorarase o maior uso de materiais reciclados utilizados para a composición do escaparate ou da decoración ou ambientación.
A decisión do xurado será inapelable.
Todas as decoracións que a hora de realizar a visita polo xurado non estiveran
expostas, de acordo coas bases deste concurso, quedarán eliminadas, do mesmo, automaticamente.
O fallo do xurado darase a coñecer a través das redes sociais e páxina Web do CCA Ourense Centro e do OUFF así como tamén, nos medios de comunicación.
Aos premiados, comunicaráselles previamente a través do correo electrónico e/ou chamada telefónica.
O acto de entrega de premios farase o día 1 de outubro na sala de prensa do OUFF
A inscrición no concurso implica a autorización a tomar fotografías e gravacións pormedios audiovisuais, as cales, poden ser difundidas en publicacións locais, rexionaisou nacionais. Así mesmo, o establecemento comprométese a ter o escaparate e a decoración ou ambientación, visibleao publico dende o 20 de setembro ata o 5 de outubro de 2024.
A participación neste concurso supón a aceptación íntegra das presentesbases e osometemento expreso das decisións interpretativas que das mesmas efectúe aorganización.
A organización reservase o dereito a descartar aos participantes que
incumpran as mesmas e, especialmente, calquera participación que vaia en contradestas bases.
Coa aceptación destas bases, os participantes comprenden os termos e condicións dasmesmas e comprométense a cumprir coa normativa vixente que poida resultar daaplicación a este respecto, de modo que polo simple feito de participar no concursoestán prestando o seu consentimento a someterse ás bases e a legalidade de formatotal e irrevogable.
A manifestación en contrario do participante, independentemente de en que momentose realice, implicará a auto exclusión do concurso e a liberación da organización decalquera compromiso adquirido co participante.
Calquera imprevisto non contemplado nestas bases será resolto pola organización.
A organización reservase o dereito de cancelar ou modificar as bases deste concurso se así o considera oportuno.
Para a resolución de calquera incidencia ou dubida que poida xurdir en cantoá interpretación ou aplicación das presentes bases, á organización e aosparticipantes, sométense á xurisdición e competencia dos Xulgados e
Tribunais de Ourense, con renuncia expresa ao foro que puidera corresponderlles.
De conformidade co indicado na Lei Orgánica 3/2018 de 5 de decembro deProtección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, os participantes quedaninformados das seguintes cuestións:
O responsable do tratamento de datos dos participantes é Centro Comercial Aberto de Ourense para a finalidade do tratamento é a xestión e desenvolvemento do concurso conforme áspresentes bases.
A base lexítima que sustenta o tratamento é o consentimento que presta o titularó participar no concurso con previo coñecemento das bases reguladoras.
Poderán realizarse fotografías dos/as gañadores/as e publicalas, xunto cos datosidentificativos, en medios de comunicación e redes sociais dos organizadores. A finalidade da imaxe será en todo caso divulgativa e informativa doevento que os organizadores realicen para a entrega de premios ou similar.
Os titulares poden exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación exposición, así como o dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección deDatos.
Para enviar un comentario debes aceptar nuestra política de privacidad.
- Responsable de los datos: Centro Comercial Aberto Ourense Centro
- Gestión y moderación de comentarios.
- Legitimación: Tu consentimiento expreso.
- Destinatario: Centro Comercial Aberto Ourense Centro
- Derechos: Tienes derecho al acceso, rectificación, supresión, limitación, portabilidad y olvido de sus datos.