¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares. Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Cerrar

O gran cofre dos regalos 2015.

Finalizada el 04/01/2016
O gran cofre dos regalos 2015.
CAMPAÑA FINALIZADA

Máis de 100 agasallos poden ser teus por mercar nos comercios de CCA Ourense Centro este Nadal

  • Xoias, ceas, estancias turísticas, tratamentos de beleza, ebooks, roupa, calzado, complementos e máis dentro do “Gran cofre dos regalos” de CCA Ourense Centro.

Facer as compras de Nadal nos establecementos do comercio local do centro urbano ten premio se participas no sorteo do Gran Cofre dos Regalos, unha das actividades postas en marcha polo Centro Comercial Aberto Ourense Centro nesta campaña navideña. O afortunado poderá gozar de máis de 100 agasallos para el e para compartir con amigos e familiares.

Unha bicicleta estática, un ebook, unha estación meteorolóxica, pulseras, colares, reloxos, gafas, roupa, calzado e complementos, xoguetes e artigos de bebé, ceas románticas, estancias turísticas, tratamentos estéticos e de beleza, botellas de viño, xenebra e cervexa artesá e moito máis cabe no “Gran Cofre dos Regalos”, que estará exposto no número 13 da céntrica rúa do Paseo ata o día 4 de xaneiro.

 

Cubre o boleto de participación e conserva o tiquet de compra.

Para participar no sorteo do “Gran Cofre dos Regalos” haberá que cubrir os boletos de participación, facilitados polos comercios vencellados á campaña, que estarán identificados co cartel promocional do sorteo nos seus escaparates, e deposítalos na propia tenda ou entregalos na oficina do CCA Ourense Centro, situada no Parque de San Lázaro, nº12, 5ª planta.

Será requisito imprescindible conservar o tiquet de compra do establecemento comercial de CCA Ourense Centro asociado á campaña, para facer entrega dos agasallos ó propietario do boleto que resulte gañador do sorteo.

O prazo para entregar as papeletas cubertas de participación estará aberto ata o luns día 4 de xaneiro as 10:00 h na oficina do CCA Ourense Centro. O sorteo celebrarase o día 4 ás 12.00 horas nun acto público, ó que asistirá a concelleira de Comercio, Ana María Fernández Morenza, e que terá lugar na rúa do Paseo nº13. Os agasallos serán entregados o día 5, para poder gozar deles o propio día de Reis.

 

Listado de establecementos nos que podes conseguir as papeletas de participación no sorteo.

 

Cofre dos regalos ourense

Comentarios Noticia

#1

Todo un éxito de campaña!! Enhorabuena al ganador.

Deja tu comentario

Para enviar un comentario debes aceptar nuestra política de privacidad.

  • Responsable de los datos: Centro Comercial Aberto Ourense Centro
  • Gestión y moderación de comentarios.
  • Legitimación: Tu consentimiento expreso.
  • Destinatario: Centro Comercial Aberto Ourense Centro
  • Derechos: Tienes derecho al acceso, rectificación, supresión, limitación, portabilidad y olvido de sus datos.
Política de Privacidad