Comentarios
O alumnado do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais do CIFP Portovello en colaboración co CCA de Ourense elaboran os novos escaparates das tendas Chocolate, El sueño de Lu, Centróptica, Floristería Drácena e World Shoe para celebrar San Valentín.
Comeza o mes de Febreiro con novidades no eixe comercial da cidade termal. Con motivo da chegada de San Valentín os alumnos e alumnas do CIFP Portovello do 2º ano do ciclo superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais realizaron varios proxectos de escaparatismo para cinco tendas do CCA Ourense Centro, elexidas por os propios alumnos, tales como: Chocolate, El sueño de Lu, Centróptica, Floristería Drácena e World Shoe. Tras o esforzo de varios días de traballo os estudantes deron a súa visión para a campaña de San Valentín aos establecementos e aos consumidores. Os escaparates lucirán nos comercios colaboradores ata o 14 de Febreiro para o disfrute de todos e todas.
A finalidade destes proxectos é que o alumnado poña en práctica os coñecementos de escaparatismo adquiridos durante este curso e, ademais de deixar voar a imaxinación, ser unha primeira experiencia dentro deste ámbito profesional.
As tendas colaboradoras sitúanse nas seguintes rúas:

