¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares. Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Cerrar

CCA. Ourense Centro y Obra Social la Caixa formarán profesionalmente a persoas en riesgo de exclusión

Publicada el 26/09/2017
CCA. Ourense Centro y Obra Social la Caixa formarán profesionalmente a persoas en riesgo de exclusión
  • Curso formativo en Actividades Básicas de Dependente de Comercio permitirá, no marco do programa Incorpora da entidade financeira, aumentar as opcións de emprego de persoas mozas en situación de vulnerabilidade, desempregados de longa duración, mulleres vítimas de violencia de xénero, persoas inmigradas e personas con discapacidade física, psíquica ou sensorial, entre outros colectivos. 

O presidente da asociación Centro Comercial Aberto Ourense Centro, Luís Rivera, inaugurou esta mañá o curso formativo en Actividades Básicas de Dependente de Comercio no Punto Formativo Incorpora de Ourense. Grazas á colaboración entre a asociación empresarial e Obra Social “la Caixa”, un total de 20 persoas en risco de exclusión da comarca poderán recibir formación adaptada e realizar prácticas profesionais en empresas asociadas.

Con esta acción, CCA Ourense Centro pon en marcha unha nova liña de responsabilidade social no marco do programa Incorpora para o fomento do emprego de colectivos vulnerables, ao que a asociación empresarial leva adherida desde 2012.

O Punto Formativo Incorpora ten por obxectivo o de aumentar as posibilidades de encontrar un traballo ás persoas usuarias do programa Incorpora de “la Caixa”, que en Galicia coordina a oenegué IGAXES3: mozos e mozas en risco, desempregados de longa duración, mulleres vítimas de violencia de xénero, persoas inmigrantes e persoas con discapacidade, entre outros colectivos.

O punto formativo Incorpora deseña a súa oferta formativa en función da demanda empresarial de cada territorio.

O punto formativo Incorpora deseña a súa oferta formativa en función da demanda empresarial de cada territorio, centrándose nos perfís máis demandados polo empresariado local. Esta adaptación facilita a contratación posterior das persoas formadas, xa que a súa preparación está optimizada para atender ás necesidades da empresa e do posto específico.

Nestas accións priorízase o empoderamento da persoa e o desenvolvemento de competencias transversais (autocoñecemento, traballo en equipo, adaptabilidade, xestión do tempo, etc.) ao longo de todo o proceso.

O curso abrangue ademais un total de 120 horas de formación en competencias técnicas específicas para a actividade comercial. Por último, as 20 alumnas e alumnos realizarán un total de 80 horas de prácticas profesionais en empresas asociadas ao Centro Comercial Aberto Ourense Centro.

Comentarios Noticia

Fernández Pita
30/10/2017 03:10 horas

#1

Una iniciativa muy interesante.

Deja tu comentario