¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares. Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Cerrar

Máis que comercio

29/04/2014
Máis que comercio
CAMPAÑA FINALIZADA

Campaña organizada pola Dirección Xeral de Comercio denominada "Centros comerciais abertos máis que comercio" ten por obxecto a promoción dos centros comerciais abertos de Galicia mediante a posta en marcha dun xogo en liña con premios, coa finalidade de difundir o concepto de centro comercial aberto (CCA) e as súas vantaxes estratéxicas, así como de incrementar e fomentar as compras no pequeno comercio das vilas e cidades galegas ao mesmo tempo que se favorece a introdución e utilización das novas tecnoloxías asociadas ao comercio.

Para o CCA Ourense Centro a campaña iniciase o día 1 de abril e rematará as 24:00 horas do último día do mes.

Para participar na campaña cada comercio entregará os seus clientes unha papeleta cun código por cada 5 euros de compra que realice no establecemento asociado durante o mes de abril.

Para participar no xogo en liña ó cliente deberá acceder á páxina web www.maisquecomercio.com ou chamar ao número de teléfono 981 545 554 (de luns a venres de 9:00 a 14:30 horas).

Na páxina web aparecerán 5 CCA diferentes e o cliente terá que seleccionar o centro comercial aberto no que realizou a súa compra (CCA Ourense Centro).

O participante para optar ao premio deberá:

1.º Introducir o código
2.º Picar en calquera das 64 casas que compoñen o panel de calquera dos establecementos asociados. Cada código dará opción a unha xogada no CCA no que estea asociado o establecemento. Ao picar na casa amosarase se está premiada. No caso de estar premiada informarase do premio obtido e quedará bloqueada para futuras xogadas. En caso contrario, é dicir, se non ten premio a casa ocultarase para futuras xogadas.

No caso de que saian todos os premios antes de finalizar a campaña o xogo quedará bloqueado no centro comercial aberto correspondente.

Premios:

Os premios estarán ocultos nas casas e dispostos aleatoriamente para cada xogada.

  • 1 tarxeta regalo de 200 euros (douscentos euros) 
  • 2 tarxetas regalo de 100 euros
  • 6 paraugas
  • 10 bolsas reutilizables co logo da campaña.
  • 200 bolsas reutilizables co logo do cca 
  • 2 Tarxetas regalo para dúas sesións fotográficas valoradas en 10€/sesión 
  • 5 tratamentos de mans
  • 5 pedicuras
  • 5 tratamentos de hixiene facial
  • 20 vales desconto de 15% en Xoiería
  • 15% de desconto en sesións de estética.
  • 1 peiteado + mascarilla+ champú especial
  • 2 vales desconto de 10% moda xoves
  • 10 vales do 15% en traxes de baño de home de nova colección

Ao concursante que resulte gañador ao facer clic na casa onde estea o premio, sairalle unha mensaxe informando do premio que lle tocou e do número de teléfono de contacto 981 545 554 (horario de atención de luns a venres de 9:00 a 14:30 horas) e do enderezo electrónico info@maisquecomercio.com nos que obterá a información de onde recoller o seu premio así como as condicións.

Os premios non serán obxecto de cambios, de cesión a terceiros nin de compensación en metálico

Entrega e caducidade dos premios:

Para a entrega do premio a persoa gañadora deberá achegar o código premiado.

Os códigos premiados poderanse cambiar no horario e lugar que se indique no teléfono ou enderezo electrónico de contacto. No caso de non comparecer perderase o dereito ao premio.

Se o/a gañador/a é menor de idade na entrega de premios deberá ir acompañado do seu pai/nai ou titor/a legal.

Aceptación das bases:

Os participantes, polo mero feito de participar na presente promoción, aceptan as bases e o criterio da Dirección Xeral de Comercio en canto á resolución de calquera cuestión derivada da presente promoción. Calquera modificación comunicaráselle á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.
En cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos persoais (Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal), informámolo de que os datos persoais que se acheguen serán utilizados para a publicidade da campaña promocional nas webs e medios de comunicación que estime a Dirección Xeral de Comercio.

Comentarios Noticia

Nadie ha publicado todavía ningún comentario. Sé el primero en publicarlo.

Deja tu comentario

Para enviar un comentario debes aceptar nuestra política de privacidad.

  • Responsable de los datos: Centro Comercial Aberto Ourense Centro
  • Gestión y moderación de comentarios.
  • Legitimación: Tu consentimiento expreso.
  • Destinatario: Centro Comercial Aberto Ourense Centro
  • Derechos: Tienes derecho al acceso, rectificación, supresión, limitación, portabilidad y olvido de sus datos.
Política de Privacidad