¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares. Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Cerrar

Concurso de escaparates o ambientación para comercio y hostelería

Finalizada el 08/10/2023
Concurso de escaparates o ambientación para comercio y hostelería
CAMPAÑA FINALIZADA

DESTINATARIOS: Establecimientos comerciales y hostelería de la zona centro de la ciudad
OROZANIZADORES: OUFF y Centro Comercial Aberto Ourense Centro.
TEMÁTICA: La temática del escaparate o la ambientación tiene que ser el Cine
PLAZO DE INSCRIPCIÓN: Hasta el día 20 de septiembre de 2023.
PERÍODO DE VISIBILIDAD DEL ESCAPARATE O AMBIENTACIÓN: El escaparate o la ambientación tiene que estar visible entre el 25 de septiembre al 8 de octubre, ambos incluidos.
CATEGORÍAS:  El concurso se divide en dos categorías:
1ª/ Concurso de escaparates
2ª/ Concurso de ambientación

INSCRIPCIÓN: Cada establecimiento interesado en participar tendrá que inscribirse a través del correo info@ourensecca.com, indicando:
Nombre, apellidos y DNI del participante;
Teléfono y e-mail;
Nombre del establecimiento participante y dirección;
Categoría a la que se presenta.

PREMIOS:

Entre los participantes de cada categoría, el jurado hará sus valoraciones siguiendo los criterios establecidos en las bases del concurso y determinará, un primer, segundo y tercer premio dentro de cada una de las categorías.
Primer Premio: Un pase para dos personas para asistir a la SEMINCI (Semana internacional de cine de Valladolid) con alojamiento y manutención
Segundo Premio: Fin de semana para dos personas en un hotel de la cadena Caldaria con alojamiento, circuito de spa y cena.
Tercer Premio: Cena para dos personas.

REGALO DIRECTO DE AGRADECIMIENTO A LAS EMPRESAS PARTICIPANTES EN ESTE CONCURSO:

  • Todos los establecimientos participantes tendrán un pase para dos personas para asistir a la gala de inauguración o clausura del OUFF28. Si están interesados en este pase tendrán que solicitarlo de forma anticipada, mediante correo electrónico a la dirección: info@ourensecca.com
  • A todos los establecimientos participantes, se les entregará un taco con invitaciones para asistir a dos sesiones de cine familiar que se celebrarán durante el OUFF28.  Estas invitaciones son para que los establecimientos las regalen a sus clientes.

Para más información pueden enviar un correo electrónico a info@ourensecca.com

BASES CONCURSO DE ESCAPARATES E AMBIENTACIÓN DO FESTIVAL DE CINE DE OURENSE 2023

Obxecto

O concurso de escaparates e ambientación do OUFF 28, ten como obxectivo, dar visibilidade ao comercio local, a hostaleira, así como, a esta nova edición do OUFF e para iso, é necesaria unha implicación por parte do sector comercial e hostaleiro e por parte do Centro Comercial Aberto Ourense Centro e dos organizadores do OUFF que terán como misión, facer que o Cine este presente no día a dia da cidade, durante os días previos e os propios días nos que terá lugar esta nova edición do OUFF.

A participación neste concurso, implicará o cumprimento das seguintes bases: 

Primeiro: Beneficiarios ou destinatarios

Poderán participar todos aqueles establecementos comerciaise hostaleiros do centro da cidade de Ourense que realicen un escaparate ou ambientación do local, con unha temática relativa ao cine.

A decoración deberá estar realizada antes do día 25 de setembro e ata o día 8 de outubro de 2023.
Só poderá presentarse, ao concurso, un único proxecto por establecemento. 

Segundo: Temática

O motivo e a temática da decoración dos establecementosterá que facer referencia ao Cine.

Será libre a composición técnica e o estilo que se empregue.

A decoración nos escaparates e/ou fachadas ou a ambientación dos establecementos non debe causarningún perigo para as persoas e os bens.  

Terceiro: Lugar e prazo de presentación de solicitudes

Todos os establecementos interesados en participar no concurso deberán facer a súa inscricióna través do correo electrónico:

info@ourensecca.com

Indicando os seguintes datos:

  • Nome, apelidos e DNI do participante.
  • Teléfono e e-mail.
  • Nome do establecemento comercial participante con enderezo, rúa e número dolugar exacto onde se realiza a decoración.
  • Categoría para a que se presentan (Concurso de escaparates ou Concurso de ambientación)

O prazo de inscrición remata o día  20 de setembro de 2023.

Cuarto: Premios e categorías

Categorías:

O concurso divídese en dúas categorías:

1ª Categoría: Concurso de Escaparates
2ª Categoría: Concurso de ambientación do establecemento.

Premios:

En cada categoría haberá tres premios.

1º premio: Pase para asistir a la SEMINCI (Semana internacional de cine de Valladolid)
O premio inclúe o pase ao festival, aloxamento para dúas persoas de unha noite en hotel de 4 estrelas en réxime de MP
2º premio: Fin de semana  nun dos Hoteis da cadenaCaldaria
Inclúe unha noite de hotel en réxime de AD para dúas persoas, circuíto de Spa e cena para dúas persoas nun dos hoteis da cadeaCaldaria
3º premio; Cea de Cine:
Consiste nunha cea para dúas persoas nun restaurante concertado da cidade de Ourense.

Todos os premios son plans cerrados,sen posibilidade de ser modificados por os gañadores.

Premio de agradecemento para todos os participantes.
Todos os establecementos inscritos a este concurso, recibirán de forma gratuíta, entradas para dúas sesións de cine familiar.
Durante o transcurso do festival de cine proxectaranse dúas sesións de cine familiar, as que só se poderá acceder con invitación. Ditas invitacións daránselles aos establecementos participantes neste concurso para que podan repartilas entre os seus clientes.
Unha vez queremate ainscrición no concurso e o xurado pase a ver todos os establecementos, entregarase a todos os participantes, que cumpran coas bases do concurso, un taco de invitacións para que podan regalalas aos seus clientes.
As películas que se proxectarán nestas sesión de cine familiar son:

  • UNA AVENTURA GIGANTE
  • EL HOMBRE DEL SACO

Entradas para as galas de inauguración e clausura do OUFF 2023
Todos os establecementosinscritos no concurso, que así o desexe, e no lo manifesten vía correo electrónico a info@ourensecca.com, poderán asistir a gala de inauguración ou clausura do festival.

Quinto: Xurado e criterios de valoración

Xurado:

O Xurado estará composto por:

· Un representante do Centro Comercial Aberto de Ourense
· Un representante do OUFF
· Un escaparatista ou interiorista profesional.

O xurado pasará a  visitar de xeito anónimo e sen previo aviso,todos os establecementos inscritos no concurso para facer unha valoración e determinar cales serías os premiados dentro de cada unha das dúas categorías de concurso.

A visita aos establecementos realizarase os días 25 e 26 de setembro.

Criterios de Valoración:

O xurado valorará as decoracións tendo, en conta para a categoría na que concursan, segundo estes criterios:

1ª Categoría: Concurso de Escaparates

1. Composición e deseño (20 puntos)
2. Calidade e harmonía (20 puntos)
3. Iluminación (10 puntos)
4. Creatividade e orixinalidade (20 puntos)
5. Exposición dos produtos (15 puntos)
6. Socio do Centro Comercial Aberto de Ourense (15 puntos)

2ª Categoría: Concurso de ambientación ou decoración (máximo 80 puntos)

  • Deseño (20 puntos)
  • Calidade e harmonía (20 puntos)
  • Creatividade e orixinalidade (20 puntos)
  • Socios do Centro Comercial Aberto de Ourense (20 puntos) 

No caso de empate en algunha das categorías, valorarase o maior uso de materiais reciclados utilizados para a composición do escaparate ou da decoración ou ambientación.

A decisión do xurado será inapelable.

Todas as decoracións que a hora de realizar a visita polo xurado non estiveran
expostas, de acordo coas bases deste concurso, quedarán eliminadas, do mesmo, automaticamente.
O fallo do xurado darase a coñecer a través das redes sociais e páxina Web do CCA Ourense Centro e do OUFF así como tamén, nos medios de comunicación.

Aos premiados, comunicaráselles previamente a través do correo electrónico e/ou chamada telefónica.

Sesta. Entrega de Premios

O acto de entrega de premios farase o día 28 de setembro na sala de prensa do OUFF

Sétima: Compromiso

A inscrición no concurso implica a autorización a tomar fotografías e gravacións pormedios audiovisuais, as cales, poden ser difundidas en publicacións locais, rexionaisou nacionais. Así mesmo, o establecemento comprométese a ter o escaparate e a decoración ou ambientación, visibleao publico  dende o 25 de setembro ata o 8 de outubro de 2023.

A participación neste concurso supón a aceptación íntegra das presentesbases e osometemento expreso das decisións interpretativas que das mesmas efectúe aorganización.

A organización reservase o dereito a descartar aos participantes que
incumpran as mesmas e, especialmente, calquera participación que vaia en contradestas bases.

Coa aceptación destas bases, os participantes comprenden os termos e condicións dasmesmas e comprométense a cumprir coa normativa vixente que poida resultar daaplicación a este respecto, de modo que polo simple feito de participar no concursoestán prestando o seu consentimento a someterse ás bases e a legalidade de formatotal e irrevogable.

A manifestación en contrario do participante, independentemente de en que momentose realice, implicará a auto exclusión do concurso e a liberación da organización decalquera compromiso adquirido co participante.

Calquera imprevisto non contemplado nestas bases será resolto pola organización.

A organización reservase o dereito de cancelar ou modificar as bases deste concurso se así o considera oportuno.

Oitava: Lexislación aplicable e xurisdición

Para a resolución de calquera incidencia ou dubida que poida xurdir en cantoá interpretación ou aplicación das presentes bases, á organización e aosparticipantes, sométense  á xurisdición e competencia dos Xulgados e
Tribunais de Ourense, con renuncia expresa ao foro que puidera corresponderlles.

De conformidade co indicado na Lei Orgánica 3/2018 de 5 de decembro deProtección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, os participantes quedaninformados das seguintes cuestións:

O responsable do tratamento de datos dos participantes é Centro Comercial Aberto de Ourense para a finalidade do tratamento é a xestión e desenvolvemento do concurso conforme áspresentes bases.

A base lexítima que sustenta o tratamento é o consentimento que presta o titularó participar no concurso con previo coñecemento das bases reguladoras.

Poderán realizarse fotografías dos/as gañadores/as e publicalas, xunto cos datosidentificativos, en medios de comunicación e redes sociais dos organizadores. A finalidade da imaxe será en todo caso divulgativa e informativa doevento que os organizadores realicen para a entrega de premios ou similar.

Os titulares poden exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación exposición, así como o dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección deDatos.

Comentarios Noticia

Nadie ha publicado todavía ningún comentario. Sé el primero en publicarlo.

Deja tu comentario

Para enviar un comentario debes aceptar nuestra política de privacidad.

  • Responsable de los datos: Centro Comercial Aberto Ourense Centro
  • Gestión y moderación de comentarios.
  • Legitimación: Tu consentimiento expreso.
  • Destinatario: Centro Comercial Aberto Ourense Centro
  • Derechos: Tienes derecho al acceso, rectificación, supresión, limitación, portabilidad y olvido de sus datos.
Política de Privacidad