¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares. Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Cerrar

Sorteo de viaxes en catamarán polos cañóns do Sil - Día do pai 2023

Día do pai 2023

Rexistra a túa compra

Completa o siguiente formulario para participar no sorteo de 10 viaxes en catamarán polos Canóns do Sil.

Rexistrando a túa compra aceptas a nosa Política de privacidade e as Bases do sorteo.
Para recoller o premio será necesario presentar o ticket de compra.
Campos marcados con * son obrigatorios.

BASES SORTEO

“VIAXE EN CATAMARÁN POLOS CANÓNS DO SIL”

  • Para participar no sorteo da viaxe en catamarán so tes que mercar en algún establecemento asociado a CCA Ourense Centro e rexistrar a túa compra.
  • O premio deste sorteo consite nunha viaxe para dúas persoas, e dicir, Fillo ou Filla e o Pai, polos canóns do Sil en Catamarán. .
  • As datas da viaxe están previamente establecidas pola organización e estarán suxeitas a dispoñibilidade do catamarán
  • O sorteo realizarase o luns 20 de marzo as 12:00h. O sorteo realizarase de forma aleatoria mediante un programa informático que seleccionará a os gañadores.  O  resultado será comunicado ao afortunado vía correo electrónico ou telefonicamente nos tres días hábiles , tendo o afortunado que aceptar ou rexeitar o premio no momento en que se lle comunica  o premio. 
  • Para aceptar e recoller o premio é imprescindible presentar o tícket de compra que utilizou para rexistrar a compra e que resultou premiado. Serán validos todos os tickets ou facturas dos establecementos asociados a CCA Ourense Centro comprendidos entre o 8 e o 19 de marzo.
  • Non poderán participar neste sorteo os donos e empregados do establecemento comercial con tíckets das súas tendas.
  • A mera participación nesta campaña implica a aceptación plena de todas as bases e as condicións da mesma. O incumprimento dalgunha destas bases son a privación de tódolos dereitos que poderán derivarse da participación na campaña.
  • Os resultados da campaña  poderán publicarse nos medios de comunicación de Ourense e nas redes sociais ou webs do CCA Ourense Centro. Polo tanto, a efectos de darlle publicidade os resultados da campaña, o gañador autoriza a publicación do seu nome ou fotografía nos citados medios.
  • O premio, non poderá ser canxeado por diñeiro en efectivo nin por outro servizo similar.
  • O CCA Ourense Centro é o responsable do tratamento dos datos, de conformidade co disposto no Reglamento (UE) 2016/679, coa finalidade única de participar neste sorteo. Posteriormente estos datos serán destruidos.
  • A Organización reservase o dereito de poder modificar total ou parcialmente estas bases, así como suspender este sorteo ou campaña, sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.