¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares. Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso.
Cerrar
San valetín: Sorteo dunha escapada romántica
Rexistra a túa compra
Rexistra a túa compra e participa no sorteo de unha escapada romántica.
BASES SORTEO
Para participar no sorteo de San Valentín, so tes que mercar en algún establecemento asociado a CCA Ourense Centro e rexistrar a túa compra.
O rexistro das compras poderase facer ata as 12:00h do día 13 de febreiro.
Serán validas todas as compras realizadas entre o 4 e o 13 de febreiro.
As compras poderanse rexistrar a través da web www.ourensecentro.com ou entrando no formulario de rexistro mediante o código QR.
O premio sorteado é unha escapada romántica consistente en:
Aloxamento en habitación dobre deluxe con vistas ao xardín (Eurostars Vila de Allariz Hotel-Balneario)
Almorzo buffet
Acceso ao exclusivo Club Termal
Botella de champan e bombóns
E necesaria a reserva previa que estará suxeita a dispoñibilidade do hotel.
O premio poderase desfrutar ata o 30 de maio de 2026
O sorteo realizarase o venres 13 de febreiro as 13:00h. O sorteo realizarase de forma aleatoria mediante un programa informático que seleccionará ao gañador e 1 suplente. O resultado será comunicado ao afortunado vía correo electrónico ou telefonicamente entre o mesmo día 14 de febreiro e ata o día 17 de febreiro, tendo o afortunado que aceptar ou rexeitar o premio no momento en que se lle comunica o premio. Se non se pode contactar co afortunado ou este rexeitara o premio pasaríase a comunicar o premio ao suplente e de non ser posible ou este rexeitara o premio, este quedaría deserto.
Para aceptar e recoller o premio é imprescindible presentar o tícket de compra que utilizou para rexistrar a compra e que resultou premiado. Serán validos todos os tickets ou facturas dos establecementos asociados a CCA Ourense Centro comprendidos entre o 4 e o 13 de febreiro.
Non poderán participar neste sorteo os donos e empregados do establecemento comercial con tíckets das súas tendas.
A mera participación nesta campaña implica a aceptación plena de todas as bases e as condicións da mesma. O incumprimento dalgunha destas bases son a privación de tódolos dereitos que poderán derivarse da participación na campaña.
Os resultados da campaña poderán publicarse nos medios de comunicación de Ourense e nas redes sociais ou webs do CCA Ourense Centro. Polo tanto, a efectos de darlle publicidade os resultados da campaña, o gañador autoriza a publicación do seu nome ou fotografía nos citados medios.
O premio, non poderá ser canxeado por diñeiro en efectivo nin por outro servizo similar.
O CCA Ourense Centro é o responsable do tratamento dos datos, de conformidade co disposto no Reglamento (UE) 2016/679, coa finalidade única de participar neste sorteo. Posteriormente estos datos serán destruidos.
A Organización reservase o dereito de poder modificar total ou parcialmente estas bases, así como suspender este sorteo ou campaña, sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.