¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares. Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Cerrar

Sorteo de ceas románticas - San Valentín 2017

San Valentín 2017

Rexistra a túa compra

Completa o siguiente formulario para participar no sorteo de 10 ceas románticas..

Rexistrando a túa compra aceptas a nosa Política de privacidade e as Bases do sorteo.
Para recoller o premio será necesario presentar o ticket de compra.
Campos marcados con * son obrigatorios.

Bases do sorteo de San Valentín

  • O sorteo de San Valentín consiste en sortear 10 ceas románticas para dúas persoas.
  • Para participar neste sorteo e necesario rexistrar unha compra e para iso teranse que cubrir, no formulario de rexistro de compra, tódolos datos obrigatorios solicitados.
  • So se poderán  rexistrar  compras ou servizos realizados en calquera dos establecementos asociados a CCA Ourense Centro
  • Serán válidas para o rexistro,  todas as compras ou servizos realizados entre o días 1 e o día 14 de febreiro, ambos incluídos.
  • Os rexistros das compras poderanse realizar ata o día  15 de febreiro de 2017.
  • Entre tódalas compras ou servizos rexistrados na aplicación, sortearanse 10 ceas románticas para dúas persoas.
  • As ceas realizaranse nos establecementos de restauración asociados ao CCA Ourense e asinarase tamén por sorteo, a cada afortunado, o establecemento no que poderá disfrutar de dita cea.
  • As ceas poderán ser disfrutadas ata o día 31 de marzo pero sempre baixo reserva e dispoñibilidade do establecemento.
  • As ceas románticas constarán de un menú cerrado previamente acordado entre a organización e o establecemento de restauración.
  • O sorteo realizarase mediante unha aplicación informática que permita identificar os 10 gañadores de xeito totalmente aleatorio así como tamén asignarlle o establecemento de restauración no que disfrutar da cea.
  • O sorteo realizarase o día 16 de febreiro as 11:00h e o resultado será comunicado os afortunados vía correo electrónico ou telefonicamente entre o día 16 e o día 20 de febreiro.
  • O premio terá que ser aceptado polo afortunado e este terá que  recoller o cupón da Cea Romántica  na oficina do CCA Ourense Centro (Parque San Lázaro, 12 5ª Planta)
  • Para aceptar e recoller o premio e imprescindible presentar o tícket de compra que utilizou para facer o rexistro da compra polo que resultou premiado.
  • A mera participación nesta campaña implica a aceptación plena de todas as bases e as condicións da mesma. O incumprimento dalgunha destas bases son a privación de tódolos dereitos que poderán derivarse da participación na campaña.
  • Os resultados da campaña  poderán publicarse nos medios de comunicación de Ourense e nas redes sociais ou webs do CCA Ourense Centro. Polo tanto, a efectos de darlle publicidade os resultados da campaña, os gañadores dos premios, autorizan a publicación do seu nome ou fotografía nos citados medios.
  • Os premios, non poden ser canxeados por diñeiro en efectivo nin por outro servizo similar.
  • A efectos previstos na lei orgánica 15/1999 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal, informamos que os datos solicitados serán incorporados ao ficheiro de clientes da Asociación de Comerciantes Empresarios e Profesionais do CCA de Ourense. O titular poderá acceder a esta información para rectificala, cancelala ou oporse a ela.
  • A Organización reservase o dereito de poder modificar total ou parcialmente estas condicións, así como suspender este sorteo ou campaña, sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.