¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares. Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Cerrar

Sorteo campaña - "Encontrame"

Encóntrame 2026

Rexistra a túa compra

Completa o siguiente formulario para participar no sorteo "Encontrame".

Política de privacidade e as Bases do sorteo.
Para recoller o premio será necesario presentar o ticket de compra.
Campos marcados con * son obrigatorios.

 

 

CONFINANCIA:

logo entidades

BASES SORTEO

  • Con motivo da campaña "ENCÓNTRAME", organizada polo CCA Ourense Centro, realizarase un sorteo dun vale de compra de 100 € entre todas as participacións válidas recibidas durante a campaña.
  • A campaña desenvolverase do 25 de xullo ao 9 de agosto, ambos incluídos.
  • O sorteo realizarase o martes 11 de agosto.
  • O premio consistirá en:
    • 1 vale de compra de 100 €, para gastar nos establecementos asociados ao CCA Ourense Centro.

Requisitos para participar no sorteo

  • Buscar o logo do CCA Ourense Centro, que estará situado no escaparate ou no interior dun dos establecementos asociados. O logo cambiará periodicamente de localización ao longo da campaña.
  • Realizar unha compra en calquera dos establecementos asociados ao CCA Ourense Centro durante o período da campaña.
  • Acceder á páxina web www.ourensecentro.com e cubrir correctamente o formulario de participación.
  • No formulario deberán rexistrarse os seguintes datos:
    • Datos persoais do participante.
    • Establecemento onde realizou a compra.
    • Establecemento no que atopou o logo do CCA Ourense Centro.
  • Só serán válidas as participacións correspondentes a compras ou servizos realizados nos establecementos asociados ao CCA Ourense Centro entre os días 25 de xullo e 9 de agosto, ambos incluídos.
  • Admitirase unha participación por cada tícket de compra diferente.
  • O CCA Ourense Centro poderá comprobar a validez dos datos facilitados e da información achegada antes da entrega do premio.

Agasallo directo

  • Os 200 primeiros rexistros válidos recibirán como agasallo directo unhas gafas homologadas para a observación da eclipse solar, ata esgotar existencias.
  • Para obter este agasallo será imprescindible que a participación sexa correcta e cumpra todos os requisitos establecidos nestas bases.
  • As gafas entregaranse no stand do CCA Ourense Centro, situado no Parque de San Lázaro (xunto ao Carabouxo), o día 11 de agosto, en horario de 12:00 a 14:00 horas e de 18:30 a 21:00 horas.

Entrega dos premios

  • Para recoller tanto o vale de compra como o agasallo directo será imprescindible presentar o tícket de compra orixinal empregado para realizar o rexistro na campaña.
  • O gañador do sorteo será comunicado persoalmente mediante chamada telefónica e/ou correo electrónico.
  • O premiado deberá aceptar o premio no momento da comunicación e recollelo nas condicións e datas que lle sexan indicadas pola organización.
  • Unha vez transcorrido o prazo establecido para a recollida do premio sen que este sexa retirado, entenderase que o premiado renuncia ao mesmo.
  • O vale de compra terá unha vixencia de tres meses desde a súa entrega e poderá ser utilizado en calquera dos establecementos asociados ao CCA Ourense Centro.
  • No momento da entrega facilitarase ao gañador un listado actualizado dos establecementos adheridos onde poderá facer efectivo o vale.

Condicións xerais

  • A mera participación nesta campaña implica a aceptación íntegra das presentes bases.
  • O incumprimento dalgún dos requisitos establecidos suporá a perda de todos os dereitos derivados da participación.
  • Os premios non poderán ser canxeados por diñeiro en efectivo nin substituídos por outros produtos ou servizos.
  • O CCA Ourense Centro poderá publicar o nome e/ou a fotografía das persoas premiadas nos seus medios de comunicación, páxina web e redes sociais, así como en prensa, radio ou televisión, coa única finalidade de dar publicidade aos resultados da campaña.
  • O CCA Ourense Centro será o responsable do tratamento dos datos persoais, de conformidade co disposto no Regulamento (UE) 2016/679 e demais normativa aplicable en materia de protección de datos, sendo a finalidade exclusiva a xestión da campaña e do sorteo. Unha vez rematada a campaña e cumpridas as obrigas legais correspondentes, os datos serán eliminados.
  • A Organización resérvase o dereito de modificar total ou parcialmente estas bases, así como suspender ou cancelar a campaña por causas xustificadas, sen que iso dea lugar a ningún tipo de responsabilidade.
  • A participación na campaña queda limitada ás persoas maiores de idade, agás que o menor participe debidamente autorizado polo seu pai, nai ou titor legal.
  • A organización poderá solicitar a acreditación da identidade dos participantes e rexeitar aquelas participacións que presenten indicios de fraude, falsificación de tíckets ou calquera outra actuación contraria ás presentes bases.