¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares. Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Cerrar

Sorteo "A túa compra gratis" - Día do pai 2025

Sorteo día del padre 2025

Rexistra a túa compra

Completa o siguiente formulario para participar no sorteo "A túa compra gratis".

Rexistrando a túa compra aceptas a nosa Política de privacidade e as Bases do sorteo.
Para recoller o premio será necesario presentar o ticket de compra.
Campos marcados con * son obrigatorios.

BASES SORTEO

  • Este sorteo realízase con motivo da celebración da campaña do Día do Pai
  • Rexistra a túa compra en www.ourensecentro.com
  • É imprescindible, para participar desta campaña, cubrir, no formulario de rexistro, tódolos datos obrigatorios solicitados.
  • So se poderán  rexistrar  compras ou servizos realizados en calquera dos establecementos asociados a CCA Ourense Centro
  • Serán válidas para o rexistro,  todas as compras ou servizos realizados entre o días 8 e o 19 de marzo, ambos incluídos.
  • Os rexistros poderanse realizar ata o día  20 de marzo de 2025.
  • Entre tódalas compras ou servizos rexistrados, sortearase 1 compra gratis que se fará efectivas mediante un vale de compra.
  • O vale de compra terá o valor do importe da compra rexistrada e como máximo, este vale será de 250€.  
  • O máximo valor que pode alcanzar o vale de compra sorteado, será de 250 €, independentemente de que o importe da compra sexa superior.
  • O sorteo realizarase mediante unha aplicación informática que permita identificar ao  gañador de xeito totalmente aleatorio.
  • O sorteo realizarase o día 21 de marzo as 12:00h e o resultado será comunicado o afortunado vía correo electrónico ou telefonicamente entre o día 21 e o 28 de marzo.
  • O vale de compra terá unha vixencia de 3 meses e poderá ser canxeado en calquera dos establecementos asociados ao CCA Ourense Centro. Entregarase un listado dos establecementos no momento de recoller o premio.
  • As 70 primeiras compras rexistradas recibirán un agasallo directo. Os afortunados recibirán xa unha mensaxe no momento de rexistrar a compra onde se lle indicará o agasallo recibido e a data e o lugar para recollelo.
  • Para recoller os agasallos ou o vale de compra, os afortunados terán que presentar o tícket de compra que utilizaron para facer o rexistro polo que resultaron premiados.
  • A os premiados comunícaselles a fecha e o lugar para recoller os agasallos e o vale de compra segundo corresponda.
  • Unha vez transcorrido o prazo sinalado sen que os afortunados recollan o premio, considerarase que estes, renuncian ao mesmo.
  • A mera participación nesta campaña, implica a aceptación plena de todas as bases e as condicións da mesma. O incumprimento dalgunha destas bases son a privación de tódolos dereitos que poderán derivarse da participación na campaña.
  • Os resultados da campaña  poderán publicarse nos medios de comunicación; prensa, radio ou televisión e nas redes sociais ou webs do CCA Ourense Centro. Polo tanto, a efectos de darlle publicidade os resultados da campaña, os gañadores dos premios, autorizan a publicación do seu nome ou fotografía nos citados medios.
  • Os premios, non se poden canxear por diñeiro en efectivo nin por outro artigo ou regalo similar.
  • A Organización resérvase o dereito de poder modificar total ou parcialmente estas condicións, así como suspender este sorteo ou campaña, sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.