¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares. Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso.
Cerrar
Campaña Día da Nai 2021
Rexistra a túa compra
Completa o seguinte formulario para participar no sorteo: A TÚA COMPRA GRATIS
BASES DO SORTEO: “A TÚA COMPRA GRATIS”
Este sorteo realízase con motivo da celebración da campaña do Día da Nai
Rexistra a túa compra en www.ourensecentro.com
É imprescindible, para participar desta campaña, cubrir, no formulario de rexistro, tódolos datos obrigatorios solicitados.
So se poderán rexistrar compras ou servizos realizados en calquera dos establecementos asociados a CCA Ourense Centro
Serán válidas para o rexistro, todas as compras ou servizos realizados entre o días 23 e 30 de abril, ambos incluídos.
Os rexistros poderanse realizar ata o día 2 de maio de 2021.
Entre tódalas compras ou servizos rexistrados na aplicación, sortearanse 5 compras gratis que se farán efectivas mediante vales de compra.
Os vales de compra terán o valor do importe da compra rexistrada e como máximo, este será de 100€.
O máximo valor que pode alcanzar cada un dos vales de compra sorteados será de 100 €, independentemente de que o importe da compra sexa superior.
O sorteo realizarase mediante unha aplicación informática que permita identificar aos 5 gañadores de xeito totalmente aleatorio.
O sorteo realizarase o día 3 de maio as 11:30h e o resultado será comunicado os afortunados vía correo electrónico ou telefonicamente entre o día 3 e o 7 de maio.
Os vales de compra terán una vixencia de 3 meses e poderán ser canxeados en calquera dos establecementos asociados ao CCA Ourense Centro que poderán consultarse na web www.ourensecentro.com
Para recoller os vales de compra, o afortunado terá que presentar o tícket de compra que utilizou para facer o rexistro polo que resultou premiado.
A os premiados comunícaselles o prazo e o lugar para recoller os vales de compra.
Unha vez transcorrido o prazo sinalado sen que o afortunado recolla o premio, considerarase que este, renuncia ao mesmo.
A mera participación nesta campaña implica a aceptación plena de todas as bases e as condicións da mesma. O incumprimento dalgunha destas bases son a privación de tódolos dereitos que poderán derivarse da participación na campaña.
Os resultados da campaña poderán publicarse nos medios de comunicación; prensa, radio ou televisión e nas redes sociais ou webs do CCA Ourense Centro. Polo tanto, a efectos de darlle publicidade os resultados da campaña, aos gañadores dos premios, autorizan a publicación do seu nome ou fotografía nos citados medios.
Os premios, non se poden canxear por diñeiro en efectivo nin por outro artigo ou regalo similar.
A Organización resérvase o dereito de poder modificar total ou parcialmente estas condicións, así como suspender este sorteo ou campaña, sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.