Quén somos

¿Que é un Centro Comercial Aberto?

É unha agrupación espacial de establecementos comerciais, de restauración, de ocio e socioculturales, nun entorno urbán. Ríxese por unha xestión integral do conxunto dos negocios através dunha forma societaria que determina a estratexia empresarial e as políticas de actuación a desenrrolar, e que ofrece unha imaxe unitaria da oferta global da zona mediante aspectos tales como:

  • Presentación en común de servizos.
  • Implantación dunha Imaxen Corporativa que o identifique: logotipo, mobiliario urbán...
  • Cumprimento dun mesmo horario. 
  • Prestación conxunta e unitaria de actividades de ocio e animación cultural. 

¿QUE CARACTERIZA A UN CENTRO COMERCIAL ABERTO?

Son tres os aspectos que definen un Centro Comercial Aberto:

  1. Xestión centralizada. 
  2. Imaxe unitaria da oferta. 
  3. Infraestructura urbanística-comercial 

Os centros comerciais abertos nacen como unha fórmula de cooperación do comercio ante os novos formatos comerciais. O comercio fai cidade e da vida ós municipios, polo que os empresarios do centro de moitas cidades e as propias Administracións Públicas están realizando un esforzo continuo en definir un modelo comercial de contro que logre o renacemento dos cascos antigos das cidades e a recuperación do seu tecido empresarial.

  • Vantaxes do CCA, Ourense Centro: O Centro Comercial Aberto de Ourense ofrece a tódalas empresas asociadas un conxunto de servizos que farán máis fácil e cómoda a sua gestión diaria e que pretenden lograr o seu máximo desarrolo económico. 
    1. Defensa de intereses profesionais: Manten relacións fluidas e constantes coas diferentes organizacións públicas e privadas con propostas constantes dirixidas à defensa dos intereses do noso colectivo. 
    2. Publicidade y promoción comercial: Desenrrolaranse actividades de animación comercial como; " Gardería infantil","dia da mamá","Dia de Papá", Centrolandia", "Carnaval", etc.Papá", "Centrolandia", "Carnaval", etc, e señalizacíón xeral e específica.Realizase a iluminación navideña das prazas e calles da área comercial. 
    3. Formación e información: Ofrece ós asociados numerosas accións formativas; escaparatismo, xestión de espazos comerciais, decoración de interiores... 
    4. Asesoramento e xestión: Os asociados dispoñen de un servizo de asesoramento fiscal, laboral e contable. Tramítase gratuitamente a solicitude de subvencións para as empresas asociadas. Convenios con empresas: 
    5. Convenios con entidades bancarias e medios de comunicación con condicións especiais para asociados. 
  • Obxectivo de CCA: O Obxectivo de Ourense Centro é a revitalización integral do comercio tradicional do centro urbán de Ourense, favorecendo a transformación de dito espazo nun Centro Comercial Aberto, que se configure como un espazo comercial moderno, atractivo e competitivo entre outros formatos comerciais.