histórico de campañas do Centro Comercial Aberto

fito CCA Ourense

24 out 2009

O FITO (Festival Internacional de Teatro de Ourense)

TEXTO
 

O FITO (Festival Internacional de Teatro de Ourense) celébrase en Ourense entre o 24 de outubro e o 1 de novembro. Durante esta semana están programados doce espectáculos nos que participarán compañías de teatro de diversos países. O CCA Ourense Centro quere convidar aos seus clientes a asistir a estes espectáculos, para o que entregará unha invitación (válida para duas persoas) a todos clientes que utilicen a tarxeta CCA+* a partir do día 20 de outubro.
 
A tarxeta CCA+ é unha tarxeta de fidelización do CCA Ourense Centro que se emite de forma gratuita para os clientes dos establecementos asociados. Os clientes poderán utilizar esta tarxeta cando fagan as súas compras e ademais de acumular puntos (canxeables por premios), poderán participar no sorteo de regalos ou ter acceso a premios directos. Nesta ocasión terán dereito a dúas entradas para calquera das funcións programadas no FITO.
 
O programa do II Festival é a seguinte

DÍA 24

19’00 RÚA PASEO
Os Perqtores de Seixalbo
- Galicia
Percusión

20’30 AUDITORIO MUNICIPAL
La Escapista Teatro - Madrid
Do meu, o melloriño

23’00 CAMPUS UNIVERSITARIO (Capela)
Angélica Liddell - Madrid
Fareite invencible coa miña derrota Jackie

DÍA 25

20’30 AUDITORIO MUNICIPAL
Atalaya
- Andalucía
A ópera dos tres centavos

DÍA 26

20’30 TEATRO PRINCIPAL
Joâo García Miguel
- Portugal
Burgher King Lear

23’00 AUDITORIO MUNICIPAL
Teatro Nu
- Galicia/Portugal
Coa palabra na lingua

DÍA 27

20’30 TEATRO PRINCIPAL
Prem Teatro - Madrid 
Esa cara

23’00 AUDITORIO MUNICIPAL
Daniel Veronese
- Arxentina
O desenvolvemento da civilización vindeira

DÍA 28

20’30 TEATRO PRINCIPAL
Timbre 4 - Arxentina 
Terceiro corpo

23’00 AUDITORIO MUNICIPAL
Daniel Veronese
- Arxentina
Todos os gobernos evitaron o teatro íntimo

DÍA 29

20’30 CAMPUS UNIVERSITARIO (Sala multiusos do edificio de ferro)
Companhia Pessoal de Teatro
- Brasil
Primeira pel

DÍA 30

20’30 TEATRO PRINCIPAL
El Patrón Vázquez
- Arxentina
Bos Aires

DÍA 31

20’00 AUDITORIO MUNICIPAL
El Patrón Vázquez
- Arxentina
A Paranoia

23’00 TEATRO PRINCIPAL
Teatro Tascabile di Bérgamo
- Italia
Técnica Kathakali (Mostra de traballo)

DÍA 1

19’00 AUDITORIO MUNICIPAL (Explanada)
Teatro Tascabile di Bérgamo
- Italia
Valse

20’30 AUDITORIO MUNICIPAL
Matarile
- Galicia
Animais artificiais

 

INFORMACIÓN SOBRE AS ENTRADAS
Entradas dispoñibles nos distintos espazos dende o primeiro día do festival, 24 de outubro.
TELÉFONOS: Auditorio (988 39 12 90), Teatro Principal (988 24 14 92 - 988 39 10 69), Sarabela Teatro (988 24 74 83 -entradas Campus-).

Tarifas:
6€ no Auditorio e no Teatro Principal
3€ no Campus
Gratuíto na rúa do Paseo, explanada do Auditorio e as Mostra de traballo

 

Documentos asociados