Circular 78/2010.SUBVENCIÓN ASOCIACIÓNS CULTURA.
Publicación no D.O.G de data 05/05/10, Orde de 14 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a asociacións, fundacións e entidades culturais sen ánimo de lucro para o equipamento e mellora dos seus locais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010 ,da cal lle remitimos unha copia por si fora do seu interese.
Asimesmo, recordámoslle que para calquera ampliación ou aclaración desta información, poderá vostede poñerse en contacto coas oficinas da Federación Galega de Comercio, sitas en Ronda da Muralla nº 52 entrechán dereito, acudindo persoalmente ás mesmas, no teléfono 982 255 120, ou no seguinte enderezo de correo electrónico: fgc@comerciogalicia.com.
Tamén poderá acceder á páxina web no seguinte enderezo: www.comerciogalicia.com, na que poderá consultar o contido, puntualmente actualizado, de tódalas axudas e subvencións vixentes que lle poidan interesar, así como a normativa relacionada co exercicio da súa actividade comercial.


