Circular 221/2009- AMPLIACIÓN PRAZO ENERXÍA RENOVABLE.
Publicación no D.O.G de 30 de Novembro de 2009, Resolución do 26 de Novembro de 2009 na cal se acorda ampliar o prazo disposto no artigo 6 da Resolución do 21 de Outubro de 2009, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións e axudas a proxectos de enerxías renovables de Galiza correspondentes ao exercicio 2009,da cal lle remitimos unha copia por si fora do seu interese.
Asimesmo, recordámoslle que para calquera ampliación ou aclaración desta información, poderá vostede poñerse en contacto coas oficinas da Federación Galega de Comercio, sitas en Ronda da Muralla nº 52 entrechán dereito, acudindo persoalmente ás mesmas, no teléfono 982 255 120, ou no seguinte enderezo de correo electrónico: fgc@comerciogalicia.com. Tamén poderá acceder á páxina web no seguinte enderezo: www.comerciogalicia.com, na que poderá consultar o contido, puntualmente actualizado, de tódalas axudas e subvencións vixentes que lle poidan interesar, así como a normativa relacionada co exercicio da súa actividade comercial.


