Circular 220/2009 – AMPLIACIÓN PRAZO AXUDAS EFICIENCIA ENERXETICA.
Publicación no D.O.G de 30 de Noviembre do 2009, da Resolución do 26 de Noviembre de 2009, na cal se acorda ampliar o prazo disposto no artigo 6 da Resolución do 21 de Outubro de 2009, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva de subvencións e axudas a proxectos de aforro e eficiencia enérxetica correspondentes ao exercicio 2009, e ao abeiro do convenio suscrito entre IDAE, e o Inega o día 3 de xullo de 2009, da cal lle remitimos unha copia, por si fora do seu interese.
Asimesmo, recordámoslle que para calquera ampliación ou aclaración desta información, poderá vostede poñerse en contacto coas oficinas da Federación Galega de Comercio, sitas en Ronda da Muralla nº 52 entrechán dereito, acudindo persoalmente ás mesmas, no teléfono 982 255 120, ou no seguinte enderezo de correo electrónico: fgc@comerciogalicia.com.
Tamén poderá acceder á páxina web no seguinte enderezo: www.comerciogalicia.com, na que poderá consultar o contido, puntualmente actualizado, de tódalas axudas e subvencións vixentes que lle poidan interesar, así como a normativa relacionada co exercicio da súa actividade comercial.


