Circular 69/2010.SUBVENCIÓN CAMIÑO DE SANTIAGO EMPRESAS PRIVADAS E ENTIDADES SEN ANIMO DE LUCRO.
Publicación no D.O.G de data 29/04/10, Orde do 21 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das subvencións para empresas privadas e entidades sen ánimo de lucro que realicen actividades de conservación, protección e difusión do Camiño de Santiago e se procede á súa convocatoria para o ano 2010,da cal lle remitimos unha copia por si fora do seu interese.
Asimesmo, recordámoslle que para calquera ampliación ou aclaración desta información, poderá vostede poñerse en contacto coas oficinas da Federación Galega de Comercio, sitas en Ronda da Muralla nº 52 entrechán dereito, acudindo persoalmente ás mesmas, no teléfono 982 255 120, ou no seguinte enderezo de correo electrónico: fgc@comerciogalicia.com.
Tamén poderá acceder á páxina web no seguinte enderezo: www.comerciogalicia.com, na que poderá consultar o contido, puntualmente actualizado, de tódalas axudas e subvencións vixentes que lle poidan interesar, así como a normativa relacionada co exercicio da súa actividade comercial.


